» banda deseñada »  autores
Javier Prieto
Debuxante
Participou na produción da versión animada de "O Carrabouxo". Ten impartido diversos obradoiros de banda deseñada para nenos e feito traballos como ilustrador para diferentes empresas e institucións. Desde finais dos oitenta ven colaborando en fanzines de todo o estado como "El Cretino", sendo persoalmente o promotor de "El Bolchevique Vespertino" e "Esto es la guerra", unha exitosa parodia da "Guerra das Galaxias". É autor da serie "Expediente Hércules" que publicou o diario "La Opinión de A Coruña". Colabora na organización do certame de banda deseñada de Arteixo, dirixindo varios anos a publicación da revista dos gañadores. Tamén é un coñecido muralista, obras súas pódense ver en diversos locais de copas da Coruña.

Formación específica
Curso estudos de Deseño Gráfico na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso.
publicacións
Revista ou comic-book
Inés de Castro
Debuxante,
Revista ou comic-book
Hotel Diablos
Editor, Guionista, Debuxante,
Álbum
H2Oil
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Certame de cómic de Arteixo
Deseño gráfico,
Fanzine
Changhedo
Ilustrador,
Fanzine
Craneofilia
Ilustrador,
Fanzine
Alopecia mental
Guionista, Debuxante,
Fanzine
Merienda de locos
Portadista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Ovo
Debuxante,
Fanzine
El bolchevique vespertino
Debuxante, Direccion,


  Noticias relacionadas

Consulta os autores e obras de Galicia elixibles para os premios do 25º Saló do Cómic de Barcelona.
Publicado o 6 / 2 / 2007
A colleita de 2006
Do mercado europeo, do español, do americano e de terras máis próximas chega toda unha diversidade de propostas para o salón de cómic da Coruña, o vindeiro agosto.
Publicado o 22 / 6 / 2004
Nicolas de Crécy e Ana Miralles na Coruña
Javi Prieto volve á carga desde o “Hotel Diablos”
Publicado o 7 / 6 / 2004
Unha casa de mil demos
Xa coñecemos os gañadores do VII certame de Banda Deseñada Art'eixo.
Publicado o 4 / 2 / 2002
Os premios de Art'eixo

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org